Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nissan UCI Mountain Bike World Cup

Eva Castro consegue por primeira vez o paso á Gran Final da Copa do Mundo

A ciclista coruñesa acadou o sábado un terceiro posto na final feminina de FourCross, nun circuíto vigués acabado de estrear.

Redacción - 10:30 14/05/2007
Eva Castro competindo

Eva Castro competindo

Os montes vigueses do Fragoselo, en Coruxo, acolleron esta fin de semana as probas de Fourcross e Descenso do campionato mundial de bicicleta de montaña, nun circuíto novo, cualificado de rápido polos competidores, aínda que a choiva da fin de semana o fixese un chisco máis lamacento.

A atencións dos espectadores do circuíto de Vigo estaba centrada na ciclista coruñesa Eva Castro, que tentaba estar, por primeira vez, nunha gran final do Campionato do Mundo de Bicicleta de Montaña. E, tras facer o sábado unha grande actuación, conseguiu meterse na final, ao aproveitar ás caídas de Mio Suemasa e Diana Marggraff, que ían diante dela. Finalmente, Castro acadou un terceiro posto na proba, garantíndose así o seu paso á seguinte fase do mundial, o que supón un novo fito para a campiona de España.

Na proba masculina de FourCross clasificáronse Anneke Beerten e Gee Atherton, que, coma Castro, tamén aproveitaron as caídas dos dous grandes favoritos.

O domingo disputouse a proba de Descenso, complicada pola forte choiva caída durante todo o día. O cuarto en descender o circuíto vigués, antes xusto de que comezase a chover, foi Marc Beaumont, que terminou por se proclamar vencedor da proba na categoría masculina. Saír xusto antes de que comezase a chover como choveu en Coruxo favoreceu o descenso do ciclista británico, que realizou o percorrido cando aínda estaba o chan semiseco, o que lle deu vantaxe sobre os seus rivais Tamén as competidoras da categoría feminina aproveitaron para saír antes que comezase a chover, facendo un percorrido limpo. Nesta categoría venceu a francesa Sabrina Jounnier.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: