Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nissan UCI Mountain Bike World Cup

Comeza o mundial de bicicleta de montaña en Vigo

Os montes de Fragoselo acollen esta fin de semana as probas de FourCross e Descenso.

Redacción - 14:41 11/05/2007

A parroquia de Coruxo en Vigo xa respira o espectacular ambiente da Copa do Mundo de bicicleta de montaña coa chegada á cidade olívica de todos os equipos e os seus corredores. Durante a mañá do xoves os inspectores da UCI para que posteriormente os participantes tomasen contacto por primeira vez cos circuítos. Boa parte dos corredores, entre eles Steve Peat, número un do mundo e gañador o ano pasado, definiron o novo trazado de Descenso como "moi rápido" e non ocultaron as súas ganas de comezar a competir.

Aínda así, foi o novo circuíto de FourCross o que máis chamou a atención dos ciclistas. Deseñado polo británico Phil Saxena, caracterízase pola súa grande rapidez á que será necesario unir unha precisa técnica para poder estar entre os primeiros clasificados da proba clasificatoria, que se disputa este venres pola tarde.

Os noventa participantes na categoría masculina, e as once en feminina, loitarán en quendas de catro corredores na procura da clasificación para a seguinte fase.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: