Vai representar ao Estado Español a semana que vén, en Italia, despois dun irregular comezo de tempada.
Despois das tres probas do Mundial de Four Cross, a ciclista de Oleiros, Eva Castro, foi chamada polo seleccionador español Cristóbal Sánchez para participar no Mundial de Four Cross que se celebra a semana que vén no Val di Sole, nos Alpes italiano.
A ciclista, aínda que nunca pedaleou neste circuíto, espera facer un bo papel, desquitándose dos baixos postos acadados en Andorra, Escocia e Eslovenia (nos primeiros non baixou do décimo posto, e en Eslovenia, ao arrincar a tempada, foi sétima).
A convocatoria para o Mundial chega nun bo momento, axudándolle a Castro a coller forza para as seguintes probas da Copa do Mundo. Quedan catro, pero Eva, por razóns de orzamento, só vai participar en tres: descartando Australia, nas dúas en Canadá (Québec e Bromont) e en Austria.