Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TARIFA ELÉCTRICA

Canto vou pagar polo recibo da luz?

Unha folla de cálculo colgada na rede permite saber a canto ascenderá a nosa factura. O Senado aproba unha moción do BNG sobre a tarifa nocturna.

Redacción - 19:35 20/06/2008

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) conta na súa web cunha folla de cáculo que lles permite aos consumidores saber con exactitude a canto ascenderá o noso recibo da luz, se se manteñen as subas previstas polo goberno español. O simulador elabora as contas, unha vez introducidos datos como a potencia contratada, a discriminación horaria ou o período de lectura.

Tanto a Consellería de Industria, como os consumidores rexeitan esta suba prevista para o vindeiro 1 de xullo e cualifícana de "esaxerada". Din que os cambios derivados da supresión da tarifa nocturna e o seu paso a outra de discriminación horaria poderían supor un aumento no recibo que iría dun 13% a un 16%.

O Senado aproba unha moción do BNG
Fernando Blanco denunciou tamén que non se explica con claridade de onde sae o déficit tarifario que se quere compensar. A comisión de Industria do Senado aprobou esta mesma semana unha moción impulsada polo BNG onde se lle demanda ao goberno español que non suprima a tarifa eléctrica nocturna, por mor desta importante e negativa repercusión económica que tería sobre os consumidores.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: