A imposición do novo sistema eléctrico afectaría a preto de 160.000 familias que terían que pagar un 50 por cento máis que na actualidade.
Acumulador de tarifa nocturna
O BNG reclamou ao Goberno estatal a través dunha iniciativa parlamentaria que se manteña a tarifa eléctrica nocturna. A supresión deste sistema, prevista para o 1 de xullo, suporía un aumento na factura de preto de 160.000 familias galegas, que pagarían un 49 por cento máis que na actualidade.
O deputado autor da proposición non de lei é o propio conselleiro de Industria, Fernando Blanco Parga, explicou que tamén haberá que pagar por un aumento da potencia contratada, o que prexudicaría a Galiza, xa que a día de hoxe no cobramento deste concepto só se teñen en conta as horas do día. O novo sistema obrigaría a pagar esta potencia tamén durante a primavera e o verán, épocas nas que xa non sería tan necesaria.
Dende o Bloque Nacionalista Galego reclaman que as compañías asuman os custos, estimados en 200 euros e que o Executivo estatal subvencione a adaptación dos sistemas de calefacción, calculado entre outros 200 e 300 euros. Aínda así, esta subvención suporía un aumento da factura nun 49 por cento.