Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEREITOS DE AUTOR

O novo canon dixital gravará os móbiles con 1,10 euros

No entanto, as cifras publicadas no BOE deste xoves supoñen un descenso de 40 céntimos fronte ao borrador.

Redacción - 14:40 19/06/2008
O iPhone terá que pagar canon

O iPhone terá que pagar canon

O goberno español acaba de aprobar o novo canon dixital, que grava a compra de determinados produtos tecnolóxicos para compensar as entidades xestoras de dereitos de autor fronte ao dereito á copia privada. Como se publica na edición deste xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE), ao final, produciuse unha lixeira rebaixa nas taxas que pagarán os teléfonos móbiles con respecto ao que indicaba o borrador.

Os CD terán un canon de 17 céntimos de euro, mentres que o dos DVD será de 44. Os reprodutores de MP3 estarán gravados con 3,15 euros, mentres que os móbiles e PDA que reproduzan arquivos de audio pagarán 1,10 euros, cando nun principio estaba previsto que tivesen un canon de 1,50.

A Orde Ministerial non terá efecto retroactivo, e entra en vigor o 20 de xuño. Ademais, haberá un período de cómputo dun ano para recalcular as taxas segundo a recadación total, que deberá ser non inferior a 110,2 millóns de euros nin superior a 117,8.

O canon dixital é pagado polos fabricantes, non polos consumidores, aínda que é de supoñer que repercutirá no prezo de venda ao público.


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: