O acordo non foi asinado polos principais produtores: os EUA, Rusia, China e Israel; aínda que si estaban representantes do Estado Español, que tamén fabrica estas armas.
As bombas en acio son armas de saturación aérea formadas por unha bomba contedor que se abre no aire (ou onde estea) dispersando centos de submunicións (metralla) que non distinguen entre os obxectivos, isto é, alcanzando o 98 por cento das veces a civís. Mais isto non é o peor desta arma. O peor é que unha parte das submunicións non explotan, senón que fican esparexidas polo chan, sen control, prolongando indefinidamente o terror da guerra e actuando como as minas antipersonais, mutilando ás persoas moitos anos despois de que se dese por terminado o conflito no que foron deitadas.
Esta quinta feira terminaba en Dublín a Convención sobre Municións en Acio, na que 110 países chegaron a un acordo histórico para prohibir estas armas. Con esta decisión estas bombas pasan de ser "eticamente inaceptábeis" a "ilegais", segundo o Dereito Internacional.
O tratado foi aprobado onte polos 11 Estado asistentes, entre os que estaba o Español, e non estaban os principais produtores destas armas, os EUA, Rusia, China e Israel. O tratado prohibe o emprego, a produción e o almacenamento e transporte das municións en acio, ao tempo que obriga aos Estados a limpar as zonas contaminadas con estas armas, e prestar axuda ás vítimas e ás súas comunidades.
O tratado hase asinar de novo, no marco desta Comisión, en decembro deste ano, en Oslo (Noruega); e entrará en vigor cando sexa ratificado, por 30 Estados, entre o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon.