Nos apartados de Cinema e Audiovisual; Artes Visuais; Arquitectura; e Cultura Tradicional e de Base
O xurado dos Premios Nacionais da Cultura decidiron xa catro das dez categorías. Os primeiros premiados son Margarita Ledo (Cinema e Audiovisual); Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos); Francisco Leiro (Artes Visuais); e o Museo do Pobo Galego (Cultura Tradicional e de Base). Cada galardón está dotado de 15 mil euros.
O xurado estivo composto por María Xosé Agra, Rosario Álvarez, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luis Barreiro Rivas, Xosé Manuel Buxán, María Bouzas, Domingo Docampo, Laura Tato, María Isabel Fraga, Celestino García Braña, Ana Romaní, John Rutherford, Felipe Senén, Xurxo Souto e Ramón Villares. Mais as propostas veñen de diferentes asociacións e entidades de todo o país.
Nas vindeiras semanas iranse dando a coñecer os gañadores das categorías restantes: Artes Escénicas; Literatura; Música; Patrimonio Cultural; Pensamento e Cultura Científica; e Iniciativa Cultural.
Vídeo da presentación dos Premios Nacionais da Cultura