Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PATRIMONIO CULTURAL

Un vídeo en 'touriñés', candidato aos Premios Nacionais da Cultura

A entidade Touriñés Productions traduciu á minoritaria lingua un anaco d'A Vida de Brian.

Redacción - 13:30 02/04/2008
Un fotograma do vídeo

Un fotograma do vídeo

Touriñés Productions, unha entidade sen ánimo de lucro a prol da promoción dunha lingua "moi minoritaria", o touriñés, que só fala un individuo deste país, o presidente da Xunta, postúlase como candidata aos Premios Nacionais da Cultura na categoría de Patrimonio Cultural.

Para apoiar a candidatura, a sociedade presenta un vídeo onde se dobra ao touriñés un fragmento do filme A vida de Brian, protagonizado por persoeiros da política do país como o propio Touriño, Anxo Quintana ou Méndez Romeu. A iniciativa conta co apoio da wiki do touriñés, a Touripedia, lanzada xa hai un ano e que recompila o vocabulario desta lingua, cos seus significados e mesmo cortes de voz.


4,71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: