Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os criminais "non lles temen ás cámaras"

As cámaras de vixilancia no Reino Unido, "un fracaso total"

O millonario investimento para crear un sistema estatal non conseguiu reducir o número de delitos, recoñeceu esta semana Scotland Yard.

Redacción - 09:45 11/05/2008
As cámaras de vixilancia abundan cada vez máis nas nosas cidades

As cámaras de vixilancia abundan cada vez máis nas nosas cidades

O investimento millonario realizado polo goberno británico para crear un sistema estatal de cámaras de vixilancia non conseguiu reducir de xeito significativo a criminalidade no Reino Unido, admitiu esta semana o xefe da sección de videovixilancia da Policía Metropolitana de Londres (Scotland Yard), Mike Neville.

A rede, con máis de catro millóns de cámaras, resultou "un fracaso total", segundo Neville, que engadiu que os criminais "non lles temen ás cámaras", informa a BBC.

O principal motivo, segundo o inspector xefe, é que existen poucos policías cualificados que poidan analizar a inundación de datos de vídeo que se recollen ao longo das 24 horas do día. Tan só o 3% dos casos de roubo en Londres foron resoltos con axuda das cámaras de vixilancia.

Os criminais parten da base de que as cámaras non funcionan na práctica, recoñeceu Neville, e dese modo anúlase o seu efecto disuasorio. "Gastáronse miles de millóns de libras para o equipamento técnico, mais non se dedicou nin un minuto a pensar como debe analizar a policía as imaxes e como deben ser usadas ante os tribunais", queixouse.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: