Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación de gandeiros en Compostela

"Non imos dar un paso atrás"

Unións Agrarias, Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores uniron voces este mércores fronte á caída "sen precedentes" dos ingresos pola venda do leite e a carne.

Redacción - 14:30 30/04/2008

"Queremos un acordo antes de maio, e querémolo por escrito", dixo o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, o primeiro en intervir á chegada da manifestación á Praza da Quintana, "os labregos e os gandeiros son imprescindíbeis para garantir o futuro do país". "Esta loita está empezando", prognosticou Francisco Bello, líder de Xovénes Agricultores, subliñando a súa convicción de que "todos unidos seremos capaces de conseguir prezos estábeis e dignos". En último lugar, falou Carme Freire, secretario xeral do Sindicato Labrego, quen advertiu que "non valen as disculpas do mercado ou da distribución" e insistiu en que existen as condicións para que os gandeiros reciban un pago "digno" polo seu traballo.

Os gandeiros encheron a Praza da Quintana despois de marchar polas rúas da capital, con berros e cartaces en favor das garantías para o "futuro" do sector. A convocatoria foi realizada de xeito conxunto polos tres sindicatos agrarios do país, Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores, alertando da situación "desesperada" na que se atoparían as 14.000 explotacións de leite e as 15.000 de carne de vacún que operan en Galiza. O prezo do leite para o gandeiro caeu nos últimos dous meses en nove céntimos de euro, mentres que os custos de produción aumentaron un 35% cento nos últimos meses.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA)
Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA)
Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG)
Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG)
Paco Bello, secretario xeral de Xóvenes Agricultores (XXAA)
Paco Bello, secretario xeral de Xóvenes Agricultores (XXAA)