Industrias Lácteas Asturianas está a pagar 10 céntimos menos aos produtores cando estes lles venden o leite a outras empresas.
Gandeiros, apoiados polo Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciaron as represalias económicas efectuadas pola multinacional Industrias Lácteas Asturianas. Cando os produtores deciden vender o leite a outras empresas que lles pagan máis, a industria asturiana paga a última entrega aplicando un "desconto de castigo", aproveitando o feito de que neste sector os pagos efectúanse a mes vencido.
Segundo indica o SLG, este tipo de prácticas son habituais e independentes das baixadas do prezo do leite que se rexistraron nos dous últimos meses. Xa no mes de decembro, cando aínda non empezaran os descensos nos prezos, a empresa asturiana practicoulles aos produtores un desconto de 10 céntimos, "aparte de outras anomalías na facturación", concretamente, os prezos base pasaron de 0,34 a 0,24 euros.
Ante esta situación, o SLG anima aos gandeiros que estean nesta situación a denunciar ás Industrias Lácteas Asturianas-Reny Picot ante os tribunais de xustiza.