Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Italia

As de dereitas son máis guapas, di Berlusconi

O líder da oposición e ex primeiro ministro di que "a esquerda non ten gusto nin para as mulleres".

Redacción - 10:35 10/04/2008
Italia organiza eleccións esta fin de semana

Italia organiza eleccións esta fin de semana

Italia celebra esta fin de semana eleccións. Quince candidatos aspiran a ser primeiro ministro, mais só dous teñen, segundo as sondaxes, posibilidades de conseguilo: o líder do Partido Demócrata (PD) e ex alcalde de Roma, Walter Veltroni, e o do Pobo da Liberdade (PDL) e ex primeiro ministro, Silvio Berlusconi.

Este último, favorito segundo as sondaxes, afirmou esta semana nun medio local que "a esquerda non ten gusto nin para as mulleres". Berlusconi, de 71 anos e cun longo historial de 'citas célebres', sinalou que cando miraba ao seu redor no parlamento, dábase de conta de que as políticas de dereitas "son máis guapas".

Os comentarios provocaron a reacción das forzas de esquerdas, que cualificaron os comentarios de sexistas. Berlusconi prometeu que nomearía catro mulleres no seu gabinete de saír elixido primeiro ministro por terceira vez.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: