Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE POLÍTICA

Italia adianta as eleccións a abril, coa volta de Berlusconi e a ausencia de Prodi

Despois da dimisión do primeiro ministro, o presidente do Senado non foi quen de atopar un novo goberno.

Redacción - 18:11 06/02/2008
Giorgio Napolitano, presidente da República Italiana, nunha foto oficial

Giorgio Napolitano, presidente da República Italiana, nunha foto oficial

O 13 e o 14 de abril son as datas marcadas para as eleccións anticipadas en Italia, como consecuencia da caída do goberno de Romano Prodi. O anuncio fíxoo o ministro de Transportes, Alessandro Bianchi, horas despois da disolución do parlamento polo presidente da República Italiana, Giorgio Napolitano.As consultas efectuadas polo presidente do Senado, Franco Marini, cos diferentes partidos para formar un goberno alternativo non tiveron éxito. Tampouco se puido atopar unha maioría favorábel a reformar a lei electoral. O primeiro ministro dimisionario, Romano Prodi, anunciou, ademais, que non se volverá presentar como líder do centro-esquerda para as próximas eleccións. O seu substituto podería ser o alcalde de Roma, Walter Veltroni, líder do Partido Demócrata.Tamén se agarda a volta á política de Silvio Berlusconi, que xa fora primeiro ministro en dúas ocasións e xa fora cabeza de lista da coalición de dereita catro veces.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: