‘Garante per la privacy’, un organismo encargado de velar pola privacidade dos cidadáns , decidiu ordenar a suspensión da emisión do programa Le Iene. O espazo da canle Italia 1, propiedade de Silvio Berlusconi, ía emitir esta noite unha reportaxe sobre o presunto consumo de drogas por parte dos deputados italianos. Segundo anunciara a dirección do programa, un test realizado aos parlamentarios sen o seu coñecemento sinalaba que un de cada tres consumira no día anterior marihuana ou cocaína.