Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malia que os promotores conseguiran algúns permisos

Planta de gas a pé das casas? Na República Dominicana din "non"

A administración desautorizan o proxecto "polo perigo" para os veciños. Desde o Comité Cidadán comparan o caso co que aconteceu en Galiza.

Redacción - 14:02 11/02/2008
Baní e capital da provincia de Peravia, na República Dominicana

Baní e capital da provincia de Peravia, na República Dominicana

Técnicos da Secretaría de Industria e Comercio da localidade de Baní, na República Dominicana, visitaron recentemente os predios onde promotores locais pretenden construír unha distribuidora de gas propano para vehículos. A instalación quedaría perto de vivendas e tamén a escasos metros dunha fábrica de fósforos, motivo polo cal os técnicos informaron do perigo para os residentes".

Colectivos veciñais e ambientais da zona mobilizáronse en contra destas instalacións, subliñando especialmente esa proximidade á planta de fósforo que "pon en risco de morte a vida de centos de cidadáns que viven na comunidade". Segundo a prensa local, os propietarios dos terreos conseguiron hai xa cinco anos o primeiro permiso, co que iniciaron xestións para o resto de autorizacións necesarias. Malia presuntamente conseguiren algún compromiso desde as administracións locais próximas, desde a Secretaría de Medio Ambiente e Recursos Naturais dominicana, informan de que carece de calquera tipo de permiso ambiental.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia comparan o que está acontecendo por aquelas latitudes co sucedido na ría ferrolá con Reganosa. "Aquí teñen moitas máis autorizacións ainda que tamén lles faltan as ambientais. Isto debe ser unha práctica nas administracións das Repúblicas Bananeras", ironizan desde o colectivo universitario vencellado ao Comité.

Poden ler unha ampla reportaxe na publicación Listín Diario.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: