Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao fío da paralización da venda do Pazo de Baión

Queixas pola "total descoordinación" de goberno español, Audiencia Nacional e Plan sobre Drogas

"Á vista dos feitos non estraña que algúns se refiran á xustiza como unha feira", din desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Redacción / Europa Press - 09:00 30/01/2008
Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa

Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa

A Fundación Galega contra o Narcotráfico cualificou o Pazo Baión de "auténtico símbolo da loita da sociedade galega e española contra o narcotráfico" e considera por iso que é unha "burla" por parte das fillas de Laureano Oubiña o recurso presentado e que detén temporalmente o proceso de venda deste inmoble.

"Estamos ante unha nova tomadura de pelo, e é a enésima, á sociedade por parte do clan dos Oubiña", sinalan desde a Fundación. "Como todos os homes e mulleres de ben, asistimos estupefactos ao seu intento de utilización da mesma xustiza que tantas veces burlaron, recorrendo nin máis nin menos que ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos", láianse desde o colectivo.

Por este motivo, a Fundación insta o goberno español e a administración de xustiza a que adopten urxentemente "as medidas necesarias" para que, "dunha vez por todas", o Pazo de Baión volva ser propiedade de persoas e empresas "honradas". "Pasou tempo máis que suficiente para poñer fin dunha vez por todas a este atropelo ao sentido común e á xustiza", subliñan. Ao respecto do acontecido esta semana, consideran que é "incomprensíbel e intolerábel" que goberno español, Audiencia Nacional e Plan Nacional sobre Drogas "non tiveran en conta un recurso presentado no ano 2005". "E o máis grave e que traten de aproveitarse desta clamorosa falta de coordinación para defender intereses criminais", reprochan.

Carme Avendaño prognostica que os Oubiña non poderán deter o proceso
A presidenta de Érguete e figura histórica en loita contra o narcotráfico, Carme Avendaño, mostrouse confiada en que o recurso presentado polas fillas de Laureano Oubiña, relativo á adxudicación do Pazo Baión, en Vilanova de Arousa, non prosperará, e cualificouno dun "último ás na manga para entorpecer o proceso", que, no entanto, "non poderán deter".

"Todo isto paréceme absurdo", explica Avendaño, "se en 2005 presentaron un escrito no que, segundo elas, se vulneran os seus dereitos hereditarios e non obtiveron contestación até a data non é unha boa noticia para elas". Na súa opinión, a familia de Oubiña supuxera que á plica non se ía presentar ningunha empresa ningunha "pero levaron unha sorpresa ao ver que hai catro moi interesadas".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: