Deteñen temporalmente o proceso mediante un recurso ante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, alegando que podería lesionar os seus dereitos como posíbeis herdeiras.
Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa
As dúas fillas do narcotraficante Laureano Oubiña conseguiron deter temporalmente o proceso de venda do Pazo de Baión presentando un recurso ante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, detendo a sentencia que decretou a incautación deste inmóbel coa alegación de que a venda podería lesionar os seus dereitos como posíbeis herdeiras.
As dúas mozas presentaron o recurso o pasado 25 de xaneiro. Amparándose no artigo 39 do Regulamento do Tribunal de Estrasburgo. A acción levada a cabo polas fillas de Laureano Oubiña e Esther Lago obrigou a aprazar a mesa de adxudicacións do Plan Nacional sobre Drogas que o martes 29 tiña previsto abrir os sobres das catro propostas presentadas para mercar o Pazo de Baión (Freixenet, Izagui, Condes de Albarei e Martín Códax).
Este Pazo está situado na localidade arounsá de Fontán, e rodeados dunha ampla zona dedicada ao cultivo de viñedos. Entre xaneiro de 1995 o pazo foi intervido xudicialmente e o xuíz Garzón embargouno en 1999 xunto co resto de patrimonio dos Oubiña para executar a débeda de 15 millóns que o matrimonio arrastraba dende que foron condenados polo caso Nécora no 94.