Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Veciños e ecoloxistas evitan que o corten

O castiñeiro de Anna Frank segue en pé para facer memoria

Era o que a meniña vía pola fiestra da "casa de atrás", onde pasou moito tempo agochada, fuxindo dos nazis, en Amsterdam.

Redacción - 12:00 24/01/2008
Unha imaxe da "casa de atrás", o edificio de oficinas onde se agocharon os Frank

Unha imaxe da "casa de atrás", o edificio de oficinas onde se agocharon os Frank

A presión dos veciños do barrio e de varios colectivos ecoloxistas fixo que as as autoridades municipais da capital holandesa decidisen, finalmente, non cortar a árbore.

Para moita xente o castiñeiro era un símbolo, e aínda que tiña máis de cen anos e estaba danado por unha enfermidade, vai botar de pé polo menos outros dez anos máis, aínda que cun soporte especial para estar erguido, sen caer enriba de ninguén.

Un castiñeiro de indias que ollaba a moza xudía pola fiestra
O castiñeiro era do pouco que alcanzaba a ver Anna Frank dende a xanela da "casa de atrás", na que estivo do 9 de xullo de 1942 ao 4 de agosto de 1944. Alí, dende aquel faiado faiado dun vello edificio de oficinas, ao que se accedía a través dunha porta, agochada detrás dun moble de estantes, observaba como ía mudando a árbore; como perdía as follas, como viñan as flores e os froitos, ou como ía collendo as cores amarelas e laranxas do outono.

Chegaron mesmo até os xulgados

Foi a Fundación Anna Frank quen se anotou a primeira vitoria nos tribunais o pasado mes de novembro, ao gañar un litixio interposto contra a cidade de Amsterdam, que quería botar abaixo o castiñeiro, debido ao seu evidente deterioro. As autoridades municipais crían que a árbore íase vir abaixo, caéndolle enriba casa-museo de Anna Frank, que recibe a volta de un millón de visitas ao ano, e que se ten convertido nun centro de peregrinación para os xudeus de todo o mundo.

O xulgado concedeu, naquela altura, un aprazamento, e agora chegouse á solución definitiva.


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Anna Frank
Anna Frank
O castiñeiro de Anna Frank
O castiñeiro de Anna Frank
O castiñeiro, ollado dende a fiestra da "casa de atrás"
O castiñeiro, ollado dende a fiestra da "casa de atrás"
O castiñeiro, na mañá da quinta feira, ollado a través da webcam que o enfoca en todo momento
O castiñeiro, na mañá da quinta feira, ollado a través da webcam que o enfoca en todo momento