Un xuíz pode mandar cortalo, por vello, tal como piden as autoridades de Amsterdam. Hai na rede varias peticións para salvalo.
Xusto en fronte da casa museo de Anna Frank, en Amsterdam, érguese un castiñeiro centenario que os veciños e curiosos relacionan coa pequena xudía máis famosa da historia.
Como a árbore xa vai vella e corre perigo de caer e danar as casas ou a algún peón que pase pole beirarrúa, as autoridades municipais da capital holandesa e os membros da Fundación Anna Frank decidiron cortala. A decisión última están nas mans dun xuíz, que esta cuarta feira decidirá sobre os designios do vello castiñeiro.
Peticións para salvar a árbore, xogos e unha webcam que a grava permanentemente
Mais hai moita xente en contra de que se corte a árbore, que consideran parte do legado da nena. De feito, hai unha petición na rede para salvar o castiñeiro, que nestas últimas semanas se fixo moi famoso (tamén hai varios xogos na rede relacionados coa árbore, teñen instalada, enfocando cara ela, unha webcam, e a mesmo a Wikipedia lle dedicou unha extensa entrada).