 
Un empregado da estación de Pontevedra pediulle a un usuario que usase o castelán. O Adif deféndeo alegando que é unha empresa de "ámbito estatal".
 
											Renfe incumpre a Carta das Linguas Minoritarias
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha queixa ante o servizo de atención ao cliente de Renfe na estación de Santiago de Compostela, por "vulneración de dereitos lingüísticos" de varios usuarios do tren.   
  Unha das denuncias fai referencia a un empregado da estación de Pontevedra que lle pediu a un usuario "que non se dirixise en galego" a el. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) confirmou o suceso, mais o desculpa alegando -nunha carta remitida á Mesa- que é "unha empresa de ámbito estatal". 
No documento entregado este martes pola Mesa achéganse outras queixas, tal como que o persoal que traballa de cara ao público, tanto en Renfe e Adif como en Feve, "non recibiu instrucións nin formación" sobre o dereito do cidadán a ser atendido en galego. 
No prego de tamén se denuncia o "incumprimento da lei no teléfono de atención ao cliente, recollido no número 902 24 02 02, onde "se impón o uso do castelán a todas as persoas que o utilizan". Tamén se fala da "exclusión" dos sinais luminosos na lingua do país en varias estacións de trens así como que o galego "quedou nun segundo plano" na web de Renfe. 
  
Informe da Carta de Linguas Minoritarias 
O presidente da Mesa, Carlos Callón, dixo que a Carta de Linguas Minoritarias recolle nun informe de 2005 que o galego debe aparecer nos billetes de tren, na sinalización interna dos convois, nos carteis asinados por Renfe, nos recibos de pagamento, nos planos de evacuación da estación e noutros elementos similares.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto