Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
REPRESENTANTES DA EMPRESA ENTREVÍSTANSE CON RESPONSÁBEIS DA MESA

A dirección do hotel Louxo reitera que só lle pide aos empregados que falen no idioma do cliente

O hotel "Louxo", da Illa da Toxa, fixo público un comunicado para afirmar que xa a pasada semana se suprimiu do manual de atención o veto á lingua galega. A dirección volveu repetir que todo se debe a un "erro" e fala dunha "redacción desafortunada xa que, a nosa filosofía é que os traballadores falen sempre no idioma que entenda o cliente, que nun 90% é de fora de Galiza". Os responsábeis dos complexo hosteleiro reuniranse este mesmo martes con representantes da Mesa pola Normalización Lingüística.

- 10:30 23/01/2007
Tags:

Nunha nota de prensa, dende o hotel lembran que teñen un capital integramente galego e que en vinte anos de funcionamento "nunca tivemos problemas lingüísticos nin cos clientes nin cos traballadores, aos que lles falamos e respostamos no idioma que desexan"

A filtración do manual do hotel por internet desatou unha forte polémica. O BNG presentou esta mesma semana preguntas no Parlamento. Os nacionalistas coidan que a Xunta debe tomar medidas contra as situacións de discriminación lingüística.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: