Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A decisión final, esta cuarta feira

Preocupación na UE polo xeito en que Portugal referende o Tratado

O primeiro ministro, José Sócrates, poderíase decantar por unha consulta popular, algo que inqueda no seo da Unión pola incerteza do resultado.

Redacción - 12:40 08/01/2008
José Sócrates

José Sócrates

Segundo publica este martes o xornal portugués Público, citando fontes do gabinete do primeiro ministro, José Sócrates, este aínda non tomou "unha decisión final" sobre o xeito de ratificación do Tratado Europeo.

A idea de que Sócrates se poida inclinar por convocar unha consulta popular provocaba preocupación na presidencia da Unión Europea e en colaboradores próximos ao gabinete do presidente da Comisión.

José Sócrates comprometeuse a anunciar a sua decisión sobre o referendo ao coñecido como Tratado de Lisboa logo de concluíren os traballos da presidencia portuguesa da UE.

Este luns, diplomáticos de Bruxelas e de Lisboa admitían que o podería facer esta cuarta feira durante a súa comparecencia quincenal para o debate parlamentario, afirma o Público.

Ningún dos países da UE (agás Irlanda, por imposición constitucional) vai preguntar directamente aos seus habitantes se están de acordo ou non co Tratado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: