Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE DURAS NEGOCIACIÓNS

Os estados da UE logran un acordo 'in extremis' para o Tratado Constitucional

A redacción definitiva dos textos establecerase nunha conferencia intergubernamental que se celebrará en xullo

Redacción - 11:50 23/06/2007
Tags: tratado UE
Foto de familia do inicio do encontro

Foto de familia do inicio do encontro

As negociacións foron moi duras nas últimas horas debido á postura crítica de Polonia. Finalmente, na madrugada do venres ao sábado chegouse a un acordo para un Tratado Constitucional europeo máis simplificado có inicial proxecto de constitución europea. Agárdase que entre en vigor a principios de 2009.

A presidenta Merkel felicitouse polo compromiso que permite saír “do estancamento”. O primeiro ministro portugués, José Sócrates, que vai asumir a presidencia da UE no segundo semestre deste ano, anunciou a súa intención de celebrar unha conferencia intergubernamental para a redacción definitiva dos textos. A xuntanza tería lugar os días 23 e 24 de xullo.

Poden ampliar información na BBC e na páxina da presidencia alemá da UE


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: