Na mañá deste venres, os lectores de Vieiros xa enviaran 329 propostas de alcume para o combinado nacional de fútbol de Galiza. E a cifra segue a medrar ... Aínda estás a tempo de participar.
Na cabeza da táboa, con 67 votos, aparece Os Irmandiños que se distanciou sensibelmente de Tropas de Breogán nas últimas horas. Esta última proposta é a segunda que máis apoios ten entre os lectores de Vieiros, con 43 votos.
Cara a metade da clasificación hai outros nomes que semella están a subir a todo 'filispín'. É o caso de Tropa da Tralla ou Tacón Punta Tacón.
Case 700 persoas enviaron un nome ou votaron por un dos que xa estaban na lista en menos de dous días, e a cifra non para de medrar.
Lembrámosvos que todos os participantes van participar nun sorteo de dous Macbook e de catro iPod. Sorte a tod@s e a seguir votando e propoñendo. Aínda estades a tempo de elixir o nome da Galiza futboleira: Ímoslle poñer nome á Selección galega!