Rubén Ruibal, recente Premio Nacional de Literatura Dramática, bota a faltar algun xogador que tire da selección, como antes Nacho ou Fran.
Un nome: "Estiven pensando algún nome relacionado coa bebida enerxética oficial, o licor café, pero dos que vin quedo co de A Pataca Mecánica".
Un prognóstico: "2-1 fronte a Camerún, e no da Selección Feminina, creo que vai haber máis goles, un 3-2".
A Selección: "No fondo é unha anécdota, pero é algo moi divertido e moi importante. A verdade é que eu non son moito de seleccións, himnos ou bandeiras, pero nos partidos divertinme moito (...) É unha anécdota, porque é só un partido, non oficial, no Nadal. Para que a selección xogue encontros oficiais, creo que falta moito, e para iso supoño que tería que haber unha liga galega, antes. (...) O que boto a faltar son xogadores galegos que tiren da selección, como facían Nacho, e despois Fran".