A cámara de Vieiros saíu á rúa para ir tomándolle a temperatura ao ambiente futboleiro nos días previos á gran cita de Balaídos.
Até un 4-1 prognostican os máis optimistas, aínda que hai temor pola potencia dun Camerún que ameaza furar a porta galega en Balaídos coas súas mellores figuras no campo.
Por outra parte, asoman xa as peticións para o próximo encontro da selección: un Galiza-Brasil sería un codiciado encontro, segundo algún seareiro. Velaquí, falan os afeccionados.