A empresa Fuertepasadena chega a un acordo con Henkel. Contempla a recolocación dos 42 traballadores e a creación de máis de 500 empregos.
Manifestación dos traballadores en xaneiro
A empresa galega Fuentepasadena e a alemá Henkel chegaron esta cuarta feira a un acordo definitivo para a adquisición dos terreos da antiga fábrica de 'La Toja', en Culleredo (A Coruña).
Este, asinado xa ante notario, contempla a recolocación de todos os traballadores que aínda fican sen facelo pola súa conta (42 en total), e a creación de máis de 500 novos empregos, segundo fontes da empresa consultadas por Vieiros.
O presidente de Fuentepasadena, Lorenzo López, ten previsto abrir un centro comercial de roupa outlet, é dicir, de prendas de diferentes marcas de tempadas pasadas.
Tanto o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, como o alcalde de Culleredo, Xulio Sacristán, e o presidente do comité de empresa, Miguel Aguión, xa foron informados da resolución do conflito.