Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reunión o luns con Presidencia e Vicepresidencia

AI pediralle á Xunta que elabore un Programa de Dereitos Humanos

"Aínda que o acordo de goberno entre PSdeG e BNG recolle acordos en áreas relativas a este tema, o Goberno non elaborou aínda un programa que os artelle", afirman.

Redacción - 14:05 18/11/2007

Representantes de Amnistía Internacional (AI) reúnense este luns en Compostela co Vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, e co secretario xeral da Presidencia, Gumersindo Guinarte, para lles pedir que a Xunta elabore un Programa de Dereitos Humanos.

AI elaborou un informe con propostas para a Xunta. No documento Galicia: Un compromiso eficaz. Recomendacións de AI para un Programa de Acción de Dereitos Humanos, onde propón que este debería ser "público, estábel, concreto e eficaz".

Ademais, tería que incluír medidas sobre racismo, inmigración e trata de persoas; violencia contra as mulleres; educación en Dereitos Humanos; formación das Forzas de Seguridade; e acción exterior.

Acordo de Goberno, sen concretar

"A Xunta ten competencias en numerosas áreas que teñen un gran impacto no respecto e na promoción dos dereitos humanos en Galiza", declarou Iolanda Román, responsábel de Relacións Institucionais de AI no noso país.

"Aínda que o acordo de goberno entre o PSdeG-PSOE e o BNG para a presente lexislatura recolle acordos en áreas relativas aos dereitos humanos, o Goberno non elaborou un programa que artelle esas propostas de xeito conxunto e coherente, asegurando o seu cumprimento eficaz", explicou Román.

AI tamén lle esixirá á Xunta unha resposta clara á petición realizada en outubro para que non se adquiran nin se usen pistolas tipo Taser até que non se leve a cabo unha investigación independente sobre os seus efectos.


3,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: