Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asegura que Fomento se comprometera a apoialo

Cacharro acusa Alcoa de frear o porto comercial que ía crearse na Mariña

Na mesma semana en que o PP lugués pediu a creación dun peirao comercial en San Cibrao como chanzo cara á unha autoridade portuaria propia.

Redacción - 12:00 11/11/2007

O ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, explicou esta fin de semana que o Ministerio de Fomento xa aceptara no seu momento a creación dunha autoridade portuaria propia para a provincia de Lugo, segundo explica o diario El Progreso.

Segundo Cacharro, no treito de goberno 1996-2000, o daquela ministro de Fomento, Rafael Arias Salgado, comprometérase ao desenvolvemento desta infraestrutura, aproveitado o dique norte de Alcoa, en San Cibrao. O ex patrón provincial asegura que Alcoa estaba disposta a aceptar só coa condición de que se lle dese acceso ao novo porto comercial "sen pasar pola factoría". Di Francisco Cacharro que o cambio de director na empresa do aluminio trouxo a oposición frontal ao proxecto por parte de Alcoa.

O PP propón avanzar cara á autoridade portuaria propia
A reivindicación estivo de actualidade esta semana logo da moción presentada polo grupo do PPdeG na Deputación. O voceiro do grupo, Xosé Manuel Barreiro, recordou a infrautilización do dique norte de Alcoa, e subliñou a súa idoneidade para o despregue dun porto comercial. Recordou Barreiro que Lugo non conta con autoridade portuaria propia malia que A Mariña xa achega case que a metade dos ingresos totais da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao. Pola conta dos investimentos do órgano, apenas o 1% van parar a terras luguesas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: