Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao tempo que a planta recibe permiso definitivo

A denuncia contra Reganosa chega á Comisión Europea

Willy Meyer, eurodeputado de Izquierda Unida, pediu que a Comisión se posicione sobre os incumprimentos da legalidade nos que incorre Reganosa.

Redacción - 09:00 08/11/2007

O feixe de incumprimentos atribuídos a Reganosa chegaron esta semana á Comisión Europea. Izquierda Unida solicitou en Bruxelas que a Comisión Europea opine sobre a situación dunha planta de gas que "vulnera múltiples disposicións legais, tanto estatais como comunitarias" no ámbito do medio ambiente e mesmo se despregou se ir acompañada do necesario estudio de impacto ambiental.

"Polas súas características e pola súa situación pode supoñer un gravísimo risco para a vida na zona, para a riqueza pesqueira da ría e para os postos de traballo que do mar dependen", expón IU na pregunta. O deputado Willy Meyer inclúe tamén na súa pregunta a denuncia de que as administracións "non realizasen estudo de impacto ambiental, malia o risco potencial, tal e como si llo esixiran pola contra en proxectos análogos en regasificadoras de Euskadi e a Comunidade Valenciana".

O representante de IU subliña tamén no escrito enviado á Eurocomisión que o feito de non contemplarse a saída rápida ao mar dos buques en caso de emerxencia, nin a zona de exclusión térmica arredor da planta, son incumprimentos graves da lexislación da Unión Europea.


Despois de medio ano funcionando, permiso definitivo


Este mércores, e logo de seis meses en probas, Reganosa recibiu a autorización final de funcionamento. O Ministerio de Industria remitiulle así a licenza definitiva, garantindo a súa integración na rede gasística estatal. O goberno español asegura así, e malia a longa lista de denuncias, que a planta cumpre con "todos os requirimentos legais esixíbeis".


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: