Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Marcha Nacional pola Defensa do Litoral

Xente de todo o país xúntase en Corrubedo contra o Plan Acuícola

A concentración de protesta está apoiada por varias ducias de colectivos de toda Galiza.

Redacción - 12:20 03/11/2007

Este domingo ás doce do mediodía arredor de dúas mil persoas de todo o país concentraranse no porto de Corrubedo contra o Plan Acuícola. A Marcha Nacional pola Defensa do Litoral está organizada por doce asociacións de defensa ambiental e apoiada por varias ducias máis de colectivos de todo tipo.

Lemas como "Pola túa costa, polo teu mar", "Non ao plano acuícola" ou "Até aquí chegamos cos peixes planos", servirán para manifestar a oposición da cidadanía a un plan polo que o Goberno prevé instalar plantas de acuicultura nalgunhas das zonas de maior valor ecolóxico da nosa costa.

Para chegar a tempo a Corrubedo, algúns dos colectivos que participarán na Marcha Nacional contra o Plan Acuícola recomendan anticipar a saída. As obras na vía do Barbanza para a súa conversión en autovía poden provocar importantes atrasos. Así, o Comité Cidadán para a Defensa da Ría de Ferrol, que tamén acudirá á marcha, adiantou a saída dos autobuses da Praza de Galicia até as nove menos cuarto da mañá.

En todo caso, quen desexe desprazarse pola súa conta a Corrubedo, pódese guiar por este mapa:


Visualizar o mapa ampliado


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: