Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TAL E COMO PEDÍA A CIG

Un xulgado obriga a rectificar o sistema de contratación das galescolas

Considera que a convocatoria de prazas tivo escasa publicidade e que se debía ter aprobado antes un cadro de persoal.

Redacción - 12:38 31/10/2007

O xulgado contencioso administrativo número 2 de Santiago considera que no proceso de selección dos traballadores das galescolas houbo irregularidades. A sentenza, contra a que hai presentada un recurso, obrigou ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a paralizar a convocatoria de catro prazas impugnadas e a variar as bases dos novos procesos de selección, tal e como demandaba a CIG.

O xuíz considera que a convocatoria de prazas para as galescolas non tivo publicidade suficiente e que non se aprobara previamente o cadro de persoal do consorcio. O maxistrado, segundo recolle El País, tamén censura que ningunha cláusula recollera que as prazas eran temporais e entende que a redacción das bases “parece dar a entender que ían cubrirse con persoal laboral fixo”. Isto último obrigaría a que os representantes dos traballadores estiveran presentes nos tribunais.

Por outra parte, a CIG tamén asegurou esta semana que dous directores en funcións do consorcio, Pilar Candocia e Andrés Vázquez, aparecen nunha lista de admitidos para a praza que xa ocupan. O sindicato denuncia que os dous formaron parte de tribunais de selección de persoal.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: