Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Belixerante crítica da CIG a Vicepresidencia

A CIG-Administración acusa a Quintana de privatizar "todo"

A sección do sindicato nacionalista di que a Xunta monta 'chiringuitos' a un ritmo “como nunca se viu”. Sinala as Galescolas e os centros de maiores.

Redacción - 17:00 19/10/2007

“A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar segue co seu ritmo galopante de privatizacións como nunca se viu na Xunta de Galicia”. Así comeza un durísimo comunicado da CIG Administración contra as políticas da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Galescolas e centros de maiores

En concreto, esta sección do sindicato nacionalista acusa a Anxo Quintana de privatizar a selección de persoal das Galescolas e dos centros de maiores. O certo é que será unha empresa privada quen seleccionará os traballadores destes servizos públicos, tal e como se pode comprobar no DOG. A cambio, a Xunta pagará 240.000 euros.

A CIG Administración tamén critica a convocatoria, polo trámite de urxencia, da xestión das adopcións. Unha compañía farase cargo desta actividade, a cambio de 170.000 euros, segundo figura no DOG.

Ataque persoal a Quintana
O sindicato, o máis votado na Xunta, cualifica de “escandaloso” este tipo de adxudicacións. É máis, CIG Administración acuas a Quintana de montar “chiringuitos” co fin de “evitar que o persoal sexa seleccionado a través de tribunais independentes e imparciais para así colocar aos seus amigos”.

O comunicado conclúe preguntándose “para que están entón os máis de 500 funcionarios adscritos a Vicepresidencia? , para que están entón os máis de 20 asesores adscritos ao Vicepresidente?”. Vieiros comunicouse con Vicepresidencia para dar a coñecer a súa versión. Con todo, o departamento de Quintana declinou, polo de agora, responder as críticas de enchufismo.


4,48/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: