Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Principiou este venres á medianoite

A posíbel independencia marca a campaña electoral en Cosova

O 17 de novembro haberá lexislativas e municipais na actual provincia serbia, pouco antes de que a UE, EUA e Rusia presenten un novo informe sobre o asunto.

Redacción - 09:30 26/10/2007
Hashim Thaçi, do PDK

Hashim Thaçi, do PDK

Na medianoite do xoves ao venres arrincou a campaña para as eleccións parlamentarias e municipais en Cosova, que terán lugar na actual provincia serbia o vindeiro 17 de novembro.

O proceso electoral está condicionado polas expectativas da maioría da poboación de se converter nun estado independente de Serbia, malia as promesas dos líderes dos principais partidos de non se centrar tanto nesta cuestión durante as tres semanas que dure a campaña.

A intención é, ao contrario que en eleccións anteriores, darlles o protagonismo aos programas económicos. No entanto, cómpre lembrar que as eleccións terán lugar poucas semanas antes de que se cumpra o prazo fixado pola ONU para que a UE, EUA e Rusia presenten o seu novo informe sobre as negociacións entre Belgrado e Pristina, que seguen estancadas.

Segundo as sondaxes, o partido da oposición PDK (Partido Democrático de Cosova), do ex líder guerrilleiro Hashim Thaçi, situarase en primeiro lugar por diante da Liga Democrática de Cosova (LDK), que sustenta o goberno.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: