Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Cádiz Knutsen terá que agardar

A néboa impídelle entrar ao noveno gaseiro á ría ferrolá

O Comité Cidadán de Emerxencia considera que é un exemplo máis que demostra a inaxeitada localización da planta.

Redacción - 11:00 16/10/2007

O Cádiz Knutsen tiña previsto entrar cara á Reganosa aproveitando a preamar da mañá deste martes. Pero finalmente, a néboa fixo imposíbel o acceso do gaseiro á ría de Ferrol. Xa que logo, o buque terá que agardar até a tarde e tentar a navegación na preamar que haberá contra as 19h.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia indican que o acontecido é exemplo do "engano que pretende Reganosa", xa que botaría abaixo a argumentación da empresa de que "con modernos GPS pódese entrar e saír da ría sen problemas". "Este feito ratifica as posicións mantidas polo Comité cidadán, da singularidade da Ría de Ferrol e da ameaza que supón para a poboación a planta de Reganosa no interior da ría e a entrada de gaseiros", asina o colectivo veciñal. Así, e como parte da campaña de presión contra o outorgamento de licenza de explotación comercial á planta, convocan outra cazolada para ás 19h deste martes no peirao de Curuxeiras.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: