Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En garda pola proposta da Xunta

Fenosa responde ao proxecto de canon hidroeléctrico coa ameaza de subir as tarifas

A taxa foi unha das propostas estrela en materia impositiva anunciada este martes polo presidente da Xunta.

Redacción - 14:30 03/10/2007

"A tributación realizarase en función da capacidade volumétrica do encoro, modulada por factores concretos como a altura das presas e a potencia instalada no caso de seren encoros de aproveitamento hidroeléctrico", explicou Emilio Pérez Touriño na súa primeira intervención parlamentaria desde martes no Debate sobre o Estado da Autonomía.

Trátase, en palabras de Touriño, dun tributo propio estabelecido por Galiza para gravar o dano ambiental "e os prexuízos producidos pola existencia no territorio de encoros usados en diversas actividades produtivas".

Fenosa sae en contra da iniciativa
"Non ten moito sentido", avaliou esta terza feira Honorato López Isla, vicepresidente e conselleiro delegado de Unión Fenosa, quen opina que o imposto "penalizaría" Galiza respecto a outras zonas do Estado. De paso, aproveitou para deixar a ameza de que na súa opinión este tipo de canon "está permitido trasladárllelo aos usuarios", agoirando que se a Xunta dá o paso vaise encarecer a tarifa eléctrica que pagan os cidadáns.

López Isla non lle ve "impacto ambiental ningún" a Reganosa
O vicepresidente de Fenosa, grupo que posúe o 21% da planta de Reganosa, tamén cargou contra os colectivos e cidadáns que están mobilizándose contra Reganosa, asegurando que "todo o mundo o que quere e ter xa aseguradas as súas entradas de gas". Honorato López Isla concedeu que a planta tería menos xente en contra se estivese no porto exterior, pero insistiu en que, na súa opinión "non ten absolutamente ningún impacto ambiental".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: