Os alumnos destas universidades poderán escoller o galego dentro dos seus plans de estudo. Coa renovación desta acordo, son 43 os centros do mundo onde se pode estudar a nosa lingua.
Son 43 centros e 35 lectorados en todo o mundo que permiten estudar a lingua galega alén as nosas fronteiras. Na mañá da quinta feira reforzouse esta rede exterior de difusión do galego, coa renovación da colaboración Secretaría Xeral de Política Lingüística coas universidades de Alacante, Murcia e A Sorbona.
Ademais do ensino da lingua, estas tres universidades van acoller outro tipo de actividades relacionadas coa investigación, a promoción e a difusión da lingua e cultura galegas, non só cinguidas ao ámbito académico, senón indo alén, programando actividades en galego e sobre o galego en conferencias, mesas redondas, seminarios, exposicións, etc.