Política Lingüística renovou a colaboración con dúas universidades estatais e catro estranxeiras para continuar co ensino da lingua e cultura galegas nos seus plans de estudo.
Os alumnos destas universidades poderán escoller o galego dentro dos seus plans de estudo. Coa renovación desta acordo, son 43 os centros do mundo onde se pode estudar a nosa lingua.