É o segundo traballador que perde a vida este mes nas tarefas da infraestrutura ferroviaria.
Un mozo de 23 anos, Xabier Antelo Núñez, veciño de Mazaricos, morreu aplastado este venres en Cerceda vítima dun accidente laboral. O traballador perdeu a vida logo de que envorcara unha escavadora. O condutor desta máquina, de 30 anos, foi trasladado a un hospital coruñés debido á gravidade das feridas. Os dous homes traballaban nas obras do AVE e pertencían á empresa Ferrovial Agroman.
O novo accidente fai saltar as alarmas xa que este mesmo mes morría outro operario das obras do AVE no Carballiño. Os sindicatos denunciaron daquela que os traballadores están facendo xornadas de até 12 horas diarias e convocaron paros de protesta.