Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protesta polo accidente laboral

Os sindicatos convocan un paro o luns nas obras do AVE en Ourense

UGT, CC OO e CIG decidírono na tarde deste venres, unhas horas despois do accidente que lle custou a vida a un operario e da que catro saíron feridos.

Redacción - 14:06 08/09/2007

Agardan "a resposta solidaria" das empresas ao non darlles tempo de facer unha convocatoria formal. Anunciaron, de feito, que, de non colaboraren as empresas, "tomarán outras medidas".

Os sindicatos criticaron as condicións laborais nas que traballan os operarios do AVE: xornadas de entre 12 e 14 horas diarias, cando a lexislación estabelece seis para xornadas en túneles, ás que se suman as do desprazamento para os que veñen dende Portugal, e outras irregularidades, como a asistencia sanitaria dos obreiros nos centros de saúde e non nas mutuas, para agochar os accidentes laborais.

Investigación aberta


Por outra parte, sábese xa que foi un erro no sistema de retención do taboleiro que transportaba unha das plataformas de formigón no viaduto do AVE o que provocou o afundimento. A plataforma esvarou e tirou don dous dos piares. O Ministerio de Fomento, a Xunta, ADIF e a Unión de Empresas Temporais que leva as obras, de Fomento, Construcións e Contratas e máis Comsa, abriron investigacións para esclareceren por que se produciu este fallo.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: