Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado, ás 18.30 horas

Manifestación en Ribadavia contra o Parque de Carballeda de Avia

O Foro Social 'Temos dereito a saber' considera que a localidade non é o lugar axeitado para a planta de xestión de residuos.

Redacción - 14:07 15/09/2007

O Foro Social Temos dereito a saber convocou unha manifestación para este sábado, que partirá ás 18.30 horas dende o Instituto de Ribadavia e percorrerá as principais rúas da vila até a Praza Maior, onde os representantes procederán á lectura dun manifesto.

O voceiro do Foro Social, Xosé Casas, destacou o apoio que recibiron "da grande maioría" das organizacións ecoloxistas do país, mesmo da de Couto do Frade de Ribadavia, que "aínda que quere marcar as súas diferenzas, confirmou o seu apoio á manifestación".

Dende o colectivo aseguraron que até a data o número de sinaturas recollidas en contra da instalación do Parque Ambiental supera as 3.700. Casas insistiu en que a localidade de Carballeda de Avia non é o lugar axeitado para a instalación dun parque ao que chegarán, segundo as súas palabras "todos os residuos de Galiza"

Ademais, culpou á Xunta de "falta de información" sobre o proxecto "que seguimos demandando". Por iso, Xosé Casas asegurou que é unha "boa noticia" que se vaia constituír unha plataforma a favor da súa instalación. "Xa que din que darán información, de paso saberemos nós dos pormenores do proxecto", ironizou.


4,17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: