Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
DEREITO A SABER

ADEGA, RIDIMOAS e o foro cívico “TEMOS DEREITO A SABER” opóñense a unha central de residuos nas proximidades de ribadavia

Hoxe presentouse ao público a proposta dunha central de tratamento de residuos que se vai ubicar en plena zona vitivinícola, concretamente no Concello de Carballeda de Avia.

Redacción - 19:15 02/04/2007
Tags:

O acto, organizado polas Unions Agrarias contou coa asistencia do Director Xeral de Calidade Ambiental, o Delegado da UXT de Ourense e o Secretario de Unions Agrarias. Cerrou o acto o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vazquez. O Foro Social “Temos Dereito a Saber” no que esta integrada, entre outras ADEGA e a Asociación ecoloxista Ridimoas, queren facer público o seguinte comunicado: Manifestamos a nosa preocupación pola instalación na Comarca do Ribeiro dun gran parque Empresarial específicamente dedicado á reciclaxe e recollida de lixo procedente da Galiza Sur. Está previsto que cheguen ao parque cerca de 2 millons de Tm de residuos industriais e cerca de medio millon de residuos sólidos urbanos (RSU), en definitiva, os residuos de todo o sur de Galiza. Consideramos que nunha comarca tan rica en producción agraria, onde o viño alcanza a sua máxima calidade (o ribeiro foi nomeado mellor viño de Galiza nas catas oficiais de viños da Xunta dos tres últimos anos), e tan rica en oferta turística de calidade (casas rurais, balnearios, etc.) unha industria deste tipo vai representar unha merma nos seus recursos económicos tradicionais . O tratamento dos residuos é necesario para solucionar o problema do lixo, tanto urbanos como industriais e sanitarios. Mais non dun xeito centralizado. Muitos dos residuos que se prevé tratar neste parque, a saber: aceites minerais, disolventes, metais pesados, ácidos e bases…, segundo figura no documento entregado ao público pola Conselleria de Medio Ambiente, teñen o calificativo de tóxicos ou perigosos . Nós, dende o Foro Social e as asociacións ecoloxistas, rexeitamos a ubicación do Parque nesta zona por: 1.- A cercanía das instalacións a núcleos habitados nun rádio inferior a 2000 m: Rivadavia, S. Cristobo, Carballeda de Avia, A Quinza, San Paio, San Esteban de Nóvoa, etc 2.- A potencialidade da comarca baseada na sua riqueza en recursos naturais: paisaxe, industrias vitivinícolas, turismo de calidade, que pode ficar agredida pola instalación do Parque. 3.- A potencial tóxicidade dalgúns dos residuos que se prevé tratar aquí. 4.- A perda do valor comercial dos produtos e propiedades da zona. 5.- Xera desconcerto que a liña fundamental proposta polo Governo da Galiza, para o futuro unha comarca agrícola como o Ribeio, sexa o tratamento de residuos orixinados principalmente nas cidades. Defendemos a descentralización da xestión dos residuos que se xeneren. Estes deben de ser tratados perto da súa orixe (principio de proximidade), como din as directivas europeas e os principios de desenvolvimento sustentábel e corresponsabilidade ambiental. Demandamos da Administración un Plano de Residuos para Galiza acorde coas necesidades actuais baseado nun estudo previo rigoroso e coherente.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: