Unhas trescentas persoas reconquistaron o sábado a illa de Toralla, en Vigo, para reclamar o seu uso público e denunciar as consecuencias da especulación urbanística, que está a estragar o patrimonio natural e histórico. A festiva protesta ao estilo pirata rematou coa chegada de tres furgóns de antidisturbios.
Por outra banda, a
Consellaría de Medio Ambiente anunciou a próxima incorporación de máis terreos ao Parque Nacional das Illas Atlánticas: a illa de Tambo, situada no interior da ría de Pontevedra e propiedade do estado español, e o arquipélago das Sisargas, ao norte de Malpica, de titularidade privada. Así o anunciou no Parlamento o titular do departamento, Manuel Vázquez.
O conselleiro confía en que o parque, que depende do
Ministerio de Medio Ambiente, se transfira á Xunta a finais de ano. O martes,
Adega anunciou que lle solicitaría á consellaría a incorporación das Sisargas ao parque, por formaren unha unidade co resto das illas.