Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consello da Xunta

Educación inviste 6,2 millóns na primeira fase da Escola Superior de Arte Dramática

O centro de formación formará parte do polígono de San Paio de Navia, en Vigo, e a súa primeira fase deberá estar rematada en 14 meses.

Redacción - 18:10 06/09/2007

A Consellaría de Educación aprobou a construción da Escola Superior de Arte Dramática, que terá a súa sede no polígono de San Paio de Navia, en Vigo. As instalacións terán unha superficie total de máis de 6.000 metros cadrados e o custo da primeira fase supera os 6,2 millóns de euros.

O orzamento distribuirase en dúas anualidades: unha primeira dun millón de euros, en 2007, e outra polos 5,2 millóns restantes, en 2008. O prazo de execución da obra será de 14 meses. A escola estará situada na Rúa Poza Cabalo, e seguirá o proxecto redactado polo arquitecto Santiago Catalán Tobía.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: