O Consello da Xunta decidiu que fose Vigo a sede da Escola de Arte Dramática. En concreto, estará situada no campus universitario de Lagoas-Marcosende e deberá ter un mínimo de 90 alumnos. Durante a rolda de prensa posterior ao Consello, Fraga sinalou que "hai anos falouse de crear este centro en Santiago, pero as institucións municipais e demais non ofreceron instalacións". Pola contra, o grupo municipal do BNG do concello de Santiago asegura que a decisión de levar a Escola de Arte Dramática a Vigo débese exclusivamente a "criterios partidistas".