Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Escola de Arte Dramática, o vello anceio

O vicepresidente do Consello da Cultura, Ramón Castromil, deu por feito o proxecto de creación dunha Escola Superior de Arte Dramática, unha vella reivindicación do mundo da escena galaica. No transcurso da presentación do Anuario Galego de Estudios Teatrais 2001, Castromil felicitou á Xunta por este "fito" dunha importancia "tan inmensa a pesar de que aínda que teñamos que esperar algúns anos". Sen embargo, na Consellería de Educación negaron a existencia dun plan fixo para a súa creación. Confirman que hai "intención" e tamén que "houbo conversas co Concello de Santiago para buscar terreos onde situala", aínda que nada concreto polo de agora. Mentres, o teatro galego agarda espectante a que a cousa sexa algo máis ca un lapsus de Castromil...

- 19:45 26/03/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: