A socialista Laura Sánchez Piñón contradí a Vicepresidencia e di que non se contempla no temario.
Sánchez Piñón terzou na polémica
Que os nenos e nenas aprendan o noso himno nas galescolas estase a converter nunha das polémicas políticas do verán. Poucas horas despois de que Vicepresidencia confirmara a inclusión do himno no ensino para os máis cativos, a conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón turroulle das orellas aos seus socios nacionalistas. O departamento socialista sinala que os contidos pedagóxicos das galescolas son competencia súa e que en ningún momento se contempla a aprendizaxe dos símbolos de Galiza.
Sánchez Piñón entreba así na liorta entre nacionalistas e populares. Os conservadores, co propio Mariano Rajoy á cabeza, acusaron a Vicepresidencia de tentar influir ideoloxicamente nos menores e rexeitaron a aprendizaxe do himno.