Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avisa a Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemárketing

Un blogue arxentino de teleoperadores publica datos persoais dos seus clientes

Xusto ao se cumprir un ano dos 700 despedimentos en Galiza dos teleoperadores de Jazztel, á coordinadora resúltalle "curioso" atopar un blogue de teleoperadores arxentinos onde describen as chamadas que reciben cada día.

Redacción - 11:00 17/08/2007
Os teleoperadores traballan para Jazzplat

Os teleoperadores traballan para Jazzplat

Hai un ano xusto que foron despedidas 700 persoas, que traballan para a empresa de servizos de internet e de telefonía subcontratadas por Teleperformance, Stream e Emergia na Coruña, por causa do deslocamento deste servizo de Jazztel a Arxentina, onde a empresa Jazzplat é agora a encargada do soporte técnico e da atención ao cliente.

Os servizos da Coruña comezaron a se pechar antes de rematar o pasado verán, de xeito gradual, ao tempo que ían implantando no país sudamericano, mentres ían despedindo xente.

Agora a Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemárketing denuncia que nun blogue de teleoperadores arxentinos -sen especificar a compañía para a que traballan-, onde se describen as situacións graciosas que viven día a día no seu traballo, revélanse datos persoais dos seus clientes, todos residentes no Estado Español.

A Coordinadora quere facer ver que o criterio de privacidade é distinto en Arxentina que no estado español, xa que, como se ve neste bloque, revélase o nome completo dunha clienta e o contido de varias chamadas, cousas que, ao seu ver, non suceden nas teleoperacións estatais.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: