Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UNHAS 700 PERSOAS QUEDARÍAN NA RÚA SE A EMPRESA SE TRANSLADA

Protesta contra o peche de Jazztel este sábado na Coruña

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) convoca para este sábado un acto de protesta ante o posíbel peche dos servizos de atención ao cliente de Jazztel na Coruña, nos que traballan ate 700 empregados e empregadas que ficarían na rúa de confirmarse a noticia. A concentración terá lugar ás 12.00 horas do sábado, 15 de xullo, na Praza de María Pita. A compañía, que aínda non fixo ningún pronunciamento público, difundiu unha circular entre os seus traballadores na que explica que os servizos rematarán antes do 31 de agosto.

- 12:23 12/07/2006
Tags:

As 700 persoas, que traballan para a empresa de servizos de internet e de telefonía subcontratadas por Teleperformance, Stream e Emergia, veríanse afectadas polo deslocamento deste servizo de Jazztel a Arxentina, onde a empresa Jazzplat sería a encargada do soporte técnico e da atención ao cliente. Os plans da empresa pasarían por pechar os seus servizos da Coruña antes de rematar o verán, e facelo de forma gradual, ao tempo que van implantando o servizo no país sudamericano.

Tanto os traballadores e traballadoras como a CGT expresan a súa queixa ante o silenciamento mediático que está a sufrir este problema laboral, que pode deixar sen traballo ate a 700 persoas.


0/5 (0 votos)